Saturday 20 de April de 2024

Ale de Paz, mellor deportista de Neda no 2022


O Concello celebrou esta tarde a Gala do Deporte, coa que recoñeceu o traballo, esforzo e éxitos colleitados polos/as deportistas locais en 2021

Foi a mellor deportista do ano en 2017 e 2019, e tras un parón de 2 anos forzado pola pandemia, Ale de Paz volveu a recibir a distinción na Gala do Deporte de Neda 2022. Non puido recoller o galardón, e foi a súa compañeira Sheila González, coa que compartía nominación da categoría de fútbolsala, a encargada de facer os honores. Un distintivo que recoñece a extraordinaria traxectoria da xogadora, integrante da selección española e, ata hai nada, xogadora do Burela Pescado Rubén, clube co que logrou 2 Supercopas de España, 2 Copas da Raíña, 2 Ligas, 1 Copa Xunta de Galicia e a victoria na Futsal WEC.

Así mesmo, na Gala tamén recibiron ás mencións especiais á mellor proxección deportiva a atleta Laura Rico e a bailarina de danza coreográfica Emma Domínguez.

A cita deportiva coa que o Concello de Neda recoñece o traballo, esforzo e logros dos seus deportistas estivo este ano patrocinada por Hyundai Finisterre Motor, e tivo tamén 3 grandes referentes do deporte como padriños e madriña: Javier Gómez Noya, Adrián Martínez Vara “Adri” e Sandra García Pérez. Unha presenza que o alcalde, Ángel Alvariño, correspondeu cunha placa en sinal de agarimo e recoñecemento. Igualmente a Isidoro Valerio, xornalista de Radio Voz Ferrol, que exerceu de condutor da gala, na que estes e estas foron os/as deportistas máis destacados do ano:
-Natación: Arantza Rivas, Tania López, Nerea López
-Natación waterpolo: Carla López
-Triatlón: Eloy Villanueva
-Fútbol Sala: Héctor Bermúdez, Mateo Bermúdez, Diego Fornos, Alejandra de Paz, Sheila González
-Atletismo: Laura Rico, Lucía Rivadulla, Adrián Rivadulla, Sergio González, Lucía González, Santiago Arnoso, José González, Jonathan Fernández

-Fútbol: Equipo infantil SDR Neda, SDR Neda, Alexandre Doce, Lucía Mera, Ismael Ríos, Nicolás Vilariño, Nicolás Vázquez
-Breaking: David Amor
-Automobilismo: Miguel Peña, Daniel Castro
-Bailes Latinos: Adrián López, Lara Novo
-Caza: Higinio Rodeiro
-Rugby: Martín Galdo
-Remo: Mariña Antón
-Ximnasia Rítmica: Lucía Cal
-Danza coreográfica: Emma Domínguez
-Tenis: Néstor Fernández
-Equitación: Tamara Yáñez, Antía Rodríguez
Así mesmo, o Concello tamén recoñeceu na gala a extraordinaria colaboración da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, clave en moitos casos para poder levar a cabo eventos e actividades deportivas, e o papel da SDR Neda na promoción do deporte no municipio